BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

24/9/11

ESTAR NA CLASE DE 4 ANOS LEVA CONSIGO CAMBIOS

Como por exemplo que agora xa non temos nos percheiros nin nas gavetas tarxetiñas con fotos e os nomes, nin tampouco para pasar lista na asemblea. Non, agora xa temos que ser capaces de " ler" os nomes dos nosos compañeir@s sen ver a súa foto ao lado do nome.
De momento levamos moi ben ler o noso propio, e se nos fixemos nas primeiras letras e últimas sacamos o nome dos compañeiros tamén.
Os percheiros e as gavetas sufriron o cambio de tarxetas cos peques de protagonistas, tendo que ser eles os que as cambiaban.

 E de paso aproveitamos a facer uns xogos de recoñecemento dos nomes: ensinando todas as tarxetas novas á vez e tendo que ir a buscar un nome concreto; amosando eu unha e tendo que levantarse e sentarse rapidamente outra vez o neno do nome que ensino en cada momento, buscando que nomes comezan por determinada letra... Pasámolo moi ben!!

Para os percheiros dos mandilóns cada nen@ fixo a súa propia tarxetiña, e tamén aproveitamos a xogar, como non!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor