A Xunta leva un tempo cun programa específico para crear o gusto pola lectura dende a escola para tódolos nen@s dos colexios galegos. O programa chámase "Hora de Ler" e consiste en que tódolos días, durante alomenos 20 minutos, cada un lea algo que lle interese (revistas, libros, xornais...).
Claro, isto está pensado para primaria, secundaria... pero tamén para infantil, que atendéndonos aos nosos gustos pois maioritariamente leremos contos, aínda que tamén poderemos ollar revistas de xoguetes (que nos encantan), de animais... ou todo aquilo que nun momento determinado nos pareza de interese e que teña algo para ler.
En octubre comezaremos co programa, cando teñamos montadas e listas para comezar as nosas bibliotecas de aula, pero mentres tanto... estamos collendo o hábito (temos que aprender a coidar os libros, aprender a ler para un mesmo ou para os demais, a compartir as lecturas con outros... en definitiva, temos que aprender a disfrutar do feito de ler).
Aínda que teñan 3 ou 4 anos aos nen@s gústanlle os contos, e "lelos" ao seu xeito aínda que non se lle chame propiamente ler. Gústalles inventar as súas propias historias "lendo" as imaxes, contarlle as súas lecturas a un amig@, a un xoguete... (en definitiva compartir a súa lectura).
Dende a escola intentaremos conseguir este gusto pola lectura nos nen@s polo que teremos que dar exemplo e nese tempo de lectura dos nen@s tamén os prof@s aproveitaremos a ler.
Na casa tamén sería bó que a lectura fose parte do día a día, polo que vos pregamos que nos axudades nesta tarefa dándolle moita, moitísima importancia aos contos, aos libros... e aos intereses dos nen@s cando vos vexan ler ou vos pregunten que pon nun determinado lugar.
Moitas grazas de antemán por compartir tarefas con nós.
Iredes tendo noticias dalgunhas das actividades que iremos facendo, xa que non só leremos, senón que tamén aproveitaremos a facer moitísimas actividades de animación á lectura na clase, por niveis, no ciclo... estade atent@s!!!
14/9/11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario