BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

14/9/11

VOLTAMOS MOI MAIORES !!!!

 Era evidente que á volta das vacacións os nen@s estarían cambiados pois de pequeniñ@s se lles notan moito os cambios cando se está un tempo sen velos, pero... tanto?
Están super maiores, autónomos e moitísimo máis maduros.
Ao principio algo desorientad@s pois na aula nova os recantos de actividade están dispostos doutro xeito a como estaban o curso pasado, os baños agora non están dentro da clase, os profes non son todos os mesmos (temos unha profe de psicomotricidade nova que se chama Sara, e a de relixión María Jesús)... e un sinfín de novidades ás que pouco a pouco nos iremos acostumando.
O primeiro que fixemos, e seguro que era o que máis lles tardaba, foi reencontrarse cos compañeir@s e darse unha grande aperta despois de tanto tempo sen verse (agás se se viron no parque, na praia ou na festa algunha vez, como dixo algún).


Para facer unha avaliación inicial e ver o punto no que estaban os nen@s respecto ao debuxo da figura humana, debuxáronse e puxeron o seu nome, e foi evidente como nestes dous meses xa houbo cambios neste senso.
Mirade o concentradísimos que estaban facendo os seus debuxos...

e o ben que quedan agora colgados no noso tendal da clase (para que tod@s os que veñan á nosa clase os vexan).



No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor