BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

22/1/12

A DATA: en que día do ano nos atopamos?

Dende moi pequeniños estamos acostumados a falar da data, sobre todo na escola, que dende os 3 anos, a partir das tarefas dos encargad@s, día a día se fan referencia a aspectos como o tempo que vai, o día da semana no que estamos, o mes, o día (numérico), etc. Pero, aínda así, non por moito repetilo os nen@s teñen claro ao mesmo tempo que día é no que están, cal vai despois do luns, cal vai antes do sábado... pois todo iso, esixe un longo proceso de carácter madurativo, e non se consigue por repetición.

 Agora aumentamos ás nosas tarefas a escritura da data, que facemos oralmente, entre todos, e escribe o encargad@ de cada día. A razón, é que agora incorporamos a actividade de inserir a data nos nosos traballos escritos, porque estamos vendo a importancia dos números, e fixemos unhas valoracións de paraa que serven, onde os hai... (de aí que estemos dándolle moito peso ao traballo con materiais numéricos ultimamente) e unha das cousas que dixeron é que os números están nos calendarios, e polo tanto, nas datas. Tentaremos ter en conta esas datas, dándolle importancia aos aspectos máis relevantes, por exemplo: os cumpreanos, as visitas dos contacontos... e ímolos reflictindo na clase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor