Hoxe, na "Hora de Ler" aproveitamos a inventar un contiño, que logo elaboraremos en formato conto, para ter dispoñible na nosa biblioteca.
Para iso, previamente, falamos de como poden comezar os contos, como poden rematar... e ademais das fórmulas que dicían os peques, a profe tiña preparadas unhas tarxetiñas onde se podían ler gran variedade de posibilidades para inicios e finais de contos.
Ademais, utilizamos unhas tarxetas con distintos personaxes e obxectos.
Así, collendo unha tarxetiña de cada cor (inicios, personaxes e obxectos, e finais) comezamos a inventar a nosa historia, que rematou, como non, cun final feliz.
Estas tres foron as tarxetas elixidas polos encargad@s do día:
Como podedes ver, tiñamos que meter na historia o inicio e final que aparecen nas tarxetas, e a figura dun zapateiro como personaxe, unha caixa, uns botóns, un pozo e un coche. Como estamos acostumados a inventar historias, resultounos moi sinxelo.
Nestes días, iremos creando a historia en formato conto, e xa vo-lo ensinamos.
5/3/12
INVENTANDO CONTIÑOS CON NOVAS TÉCNICAS
Etiquetas:
ANIMACIÓN Á LECTURA,
CURSO 2011-2012,
HORA DE LER,
OS NOSOS CONTOS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Non deixas de sorprenderme Bea, magnífica idea!!
ResponderEliminarAproveito para darche a coñecer o meu novo blogue no que irei colgando cousiñas que vou facendo e que vos poden servir, xa que este ano non teño blogue de aula, ocorreuseme crealo así: recursosycositas.blogspot.com
Irei voando a mirar esos recursos e cousiñas que colgas. Grazas!!!
ResponderEliminar