Tamén, Dani e María e pasaron polo trono e amosáronnos o moito que lles gusta, non só escoitar, senón tamén, contar contos aos demais.
3/2/12
OS PEQUECONTACONTOS
Outras dúas peques xa foron protagonistas no "trono contacontos" e fixérono, moi, pero que moi ben. Mirade!!!
Tamén, Dani e María e pasaron polo trono e amosáronnos o moito que lles gusta, non só escoitar, senón tamén, contar contos aos demais.
Tamén, Dani e María e pasaron polo trono e amosáronnos o moito que lles gusta, non só escoitar, senón tamén, contar contos aos demais.
Etiquetas:
ANIMACIÓN Á LECTURA,
CURSO 2011-2012,
HORA DE LER,
PEQUECONTACONTOS
30/1/12
MATE-XOGOS
Xa vos dixemos que o noso recanto de lóxica ía cambiar moitísimo ao longo deste trimestre, así como tamén as actividades que iamos realizar para aprender de preto como funciona o mundo dos números, e polo tanto, como funcionan as "matemáticas".
Algúns dos materiais novos que temos xa os vichedes noutras ocasións (lotería, tickets,dados, chapas, tapóns... por certo, moitas grazas pola vosa colaboración). Son moitas as posiblidades que temos de traballar a lóxica matemática con estes materiais, e ata coa súa mestura, senón... mirade o xogo que nos inventamos.
(Temos un vídeo pero non no-lo deixa subir)
Así que... vo-lo resumimos:
- Tódolos nen@s menos 4 (axudantes) tiñan un cubilete e un dado.
- Todos á vez tiran o seu dado.
- Din o número que lles saiu e os axudantes vanlles poñendo os puntos correspondentes (chapas, segundo o número que sacaron).
- Faise o mesmo en 3 ou 4 tiradas.
- Hipótesis: quen credes que ten máis? quen ten menos? quen ten igual?...
- Cada un conta os seus puntos (número de chapas conseguidas) e escribe o número nunha tarxetiña.
- Finalmente observamos se as nosas hipótesis eran ou non correctas.
Non só se traballa o conteo, senón as actividades de correlación (número-cantidade), ordenación (1ª tirada, 2ª tirada...) todas elas encamiñadas a que os peques adquiran a noción de número con significatividade.
Xogamos colaborando... repartindo tarefas...
Comparando e facendo as propias primeiras hipótesis: quen ten máis, quen ten igual, quen gañará...Creamos unha nova linguaxe visual de correspondencia numérica e de cantidade, sen que aparezcan propiamente os números.
FACENDO INVENTARIOS
Levamos uns días traballando cos "inventarios", sí, sí, cos inventarios. Estamos inventariando: cousas que temos na clase, na casa, nenos e nenas que hai nas diferentes aulas, cousas que hai no patio...
Así que para facer certos inventarios, temos que sair da nosa aula e pescudar.
Así por exemplo, o venres fomos polas clases, tentando averiguar cantos nenos e nenas había nas clases, sen que nos dixeran os profes o número. E... que fixemos? ir aos paneis da asemblea (casiña e escola) e contar os que había en total.
Así foi como descubrimos todas as cousas que estamos inventariando, CONTANDO.
Non nos criades, verdade? Pois xa vedes que sí, sabemos facer inventarios.
Non nos criades, verdade? Pois xa vedes que sí, sabemos facer inventarios.
22/1/12
NOTICIAS DE MARCI
O outro día, cando entramos na clase, Luís e Ainara atoparon unha carta con forma de avión que enviara Marci.
O primeiro que fixemos foi lela, e descubrimos onde se atopa agora,(que xa finalmente aterrou na Terra).
Queredes saber onde? Lede atentamente a carta.
A partir dela, falamos (longo e tendido, coma sempre)e despois de buscar no globo terráqueo onde estaba situado o mapa que aparecía na carta, e ver si estaba preto ou lonxe de nós... plasmasmos algúns datos en papel.

A DATA: en que día do ano nos atopamos?
Dende moi pequeniños estamos acostumados a falar da data, sobre todo na escola, que dende os 3 anos, a partir das tarefas dos encargad@s, día a día se fan referencia a aspectos como o tempo que vai, o día da semana no que estamos, o mes, o día (numérico), etc.
Pero, aínda así, non por moito repetilo os nen@s teñen claro ao mesmo tempo que día é no que están, cal vai despois do luns, cal vai antes do sábado... pois todo iso, esixe un longo proceso de carácter madurativo, e non se consigue por repetición.
Agora aumentamos ás nosas tarefas a escritura da data, que facemos oralmente, entre todos, e escribe o encargad@ de cada día. A razón, é que agora incorporamos a actividade de inserir a data nos nosos traballos escritos, porque estamos vendo a importancia dos números, e fixemos unhas valoracións de paraa que serven, onde os hai... (de aí que estemos dándolle moito peso ao traballo con materiais numéricos ultimamente) e unha das cousas que dixeron é que os números están nos calendarios, e polo tanto, nas datas. Tentaremos ter en conta esas datas, dándolle importancia aos aspectos máis relevantes, por exemplo: os cumpreanos, as visitas dos contacontos... e ímolos reflictindo na clase.

CARTELEANDO
No primeiro trimestre fixemos carterlerías numéricas para ordear os materiais no recanto de matemáticas, por exemplo. Agora, estamos vendo os carteis e etiquetas como textos con uso social.
Así, estamos aproveitando a poñer a cartelería de de todas aquelas cousas que nos parece pode ser importante marcar, e así... que calquera persoa que chega á nosa clase, saiba onde pode coller cada cousa, que contén cada caixa, etc.
Carteleando, car, carteleando...
A que con tanto carteliño está claro que hai en cada sitio? Pouco a poco... iremos "lendo" de xeito moi natural cada cousiña. Xa o veredes!
A que con tanto carteliño está claro que hai en cada sitio? Pouco a poco... iremos "lendo" de xeito moi natural cada cousiña. Xa o veredes!
FAMILIAS CONTACONTOS
Esta vez tocoulle a Simone ser a contadora de contos, e así de boquiabertos quedaron os peques coa súa historia de maxia.
Etiquetas:
ANIMACIÓN Á LECTURA,
CURSO 2011-2012,
FAMILIAS CONTACONTOS,
HORA DE LER
16/1/12
XOGAMOS AO BINGO!!!
Hoxe, moitos compis deberon estar enfermiños pois só viñemos 7 ao cole.
Nós aproveitamos como cada luns o tempo para ir facendo o noso diario da fin de semana, e tamén aproveitamos a xogar en grupo cun novo xogo que a partir de hoxe estará no recanto matemático: o bingo. Pois sí, hoxe repatimos cartóns, xiramos o bombo, sacamos as bolas, e "lendo os números" (sabendo cal ía primeiro, cal despois...) iamos cumplimentando o noso cartón. Logo miramos cantos números premiados tiñamos cada un, e por último o plasmamos no papel (cada un os seus acertos particulares). Pasámolo moi ben, e agora, cando vaiamos ao recanto matemático xa temos un novo xogo co que aprender un montón de cousas, sobre todo... números!!!!

LÓXICA-MATEMÁTICA,
MUNDO MATEMÁTICO,
XOGOS
15/1/12
ARTE EN TODAS PARTES, ATA NAS MANS
SADEBES ONDE ESTÁ MARCI?
Nós sí porque nos enviou unha carta, dicíndonos que está na Lúa. Pero... pídenos axuda pois dende alí ve a Terra, e quere vir, pero non sabe que será iso axul que ve dende arriba. Poderá aterrar aquí? Onde? Temos que dicirlle se é ou non posible que veña.
Mirade a súa carta, aprendimos cousiñas con ela.
Vós que credes? Poderá aterrar nalgún sitio? No mar? No patio? No monte? Onde...?
Vós que credes? Poderá aterrar nalgún sitio? No mar? No patio? No monte? Onde...?
14/1/12
VOLTAN AS FAMILIAS CONTACONTOS
E esta vez tocoulle a Ana, a nai de Gonzalo, inaugurar a sección deste novo ano.
E a falta de un, contounos dous contos, pois insistiron en que contara o que seguía (xa que era un libro con varios contos).
Proximamente actuará como contacontos na clase de Fran (o irmá de Gonzalo), esperemos que lle quedara bó sabor de boca da súa actuación na nosa clase.
Nós encantad@s de ter animacións á lectura "tan familiares". É un pracer contar coa vosa colaboración, e como podedes observar (os que participachedes xa) os nen@s quedan encantad@s coas vosas actuacións, e están moi atent@s (e iso que é a última hora e as tripas empezan a rebulir, jeje).
E a falta de un, contounos dous contos, pois insistiron en que contara o que seguía (xa que era un libro con varios contos).
Proximamente actuará como contacontos na clase de Fran (o irmá de Gonzalo), esperemos que lle quedara bó sabor de boca da súa actuación na nosa clase.
Nós encantad@s de ter animacións á lectura "tan familiares". É un pracer contar coa vosa colaboración, e como podedes observar (os que participachedes xa) os nen@s quedan encantad@s coas vosas actuacións, e están moi atent@s (e iso que é a última hora e as tripas empezan a rebulir, jeje).
Etiquetas:
ANIMACIÓN Á LECTURA,
CURSO 2011-2012,
FAMILIAS CONTACONTOS,
HORA DE LER
A NOSA PEGADA: APRENDEMOS A ASINAR
Estamos acostumados a escribir o noso nome tódolos días (cando facemos as fichas, cando somos encargados e o poñemos debaixo da nosa foto, cando facemos algún agasaio de cumpreanos...). Pero agora xa sabemos personalizar aínda máis os nosos nomes, facendo a nosa sinatura (que temos claro que é a escritura do noso nome e un garabato por riba). Pero sabemos que hai xente que non sabe escribir o seu nome (sobre todo moi maiores) e asinan coa súa pegada dixital. Así que... aproveitamos e fixemos as dúas modalidades.
Mirade:
Aquí podedes ver algunas das que fixemos. Xa iremos mellorando a técnica, pois cando asinemos os diplomas contacontos, os agasaios dos cumpreanos... xa iremos practicando.
Aquí podedes ver algunas das que fixemos. Xa iremos mellorando a técnica, pois cando asinemos os diplomas contacontos, os agasaios dos cumpreanos... xa iremos practicando.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)