
14/5/10
SEGUIMOS INVESTIGANDO COUSIÑAS DO MAR...
Onte Carlota trouxo un libro de pegatinas do mar, e moi gustosamente no-lo ensinou.
Nel vimos que hai moitos tipos de tiburóns (branco, martelo, pintaroja...) e tamén vimos langostas, cangrexos (hermitaños...), diferentes tipos de cunchas... cabaliños de mar... (coma os que nos trouxo tamén Kevin) Que cantidade de tesouros agocha o mar!!!! verdade?
Nós con tantas cousas que estamos aprendendo, imos completando o noso dossier, no que imos plasmando algunhas das cousas que aprendemos cada día, por exemplo... como podedes ver, xa coñecemos as distintas partes dos cabaliños de mar... e que son peixes!!! non cabalos!!! só que se lles chama así porque a súa cabeza é parecida a dos cabalos. Pero estes teñen aletas para poder nadar (como as tartarugas de mar, que teñen aletas e non patas, senón... credes que poderían nadar?)
Tamén aproveitamos para ver na clase dos maiores, no EDI, a peli de "Espantatiburones" (aquí vos deixamos un anaquiño, sacado da rede)
(E nela aprendimos, por exemplo, que hai un peixe moi, moi curiosos, o peixe globo). Mirade como son:
Aquí tedes máis información sobre o "peixe globo" (tamén chamado "puerco espín de mar" ou "avestruz de mar"):
E mirade como o noso recanto se vai enchendo cada vez máis, e... a próxima semana, prometemos sorpresas nel!!!

Tamén aproveitamos para ver na clase dos maiores, no EDI, a peli de "Espantatiburones" (aquí vos deixamos un anaquiño, sacado da rede)
(E nela aprendimos, por exemplo, que hai un peixe moi, moi curiosos, o peixe globo). Mirade como son:
Aquí tedes máis información sobre o "peixe globo" (tamén chamado "puerco espín de mar" ou "avestruz de mar"):E mirade como o noso recanto se vai enchendo cada vez máis, e... a próxima semana, prometemos sorpresas nel!!!
A CHUVIA FÍXONOS CAMBIAR DE PLANS
11/5/10
PARA OS QUE LLES GUSTE A PAPIROFLEXIA...
Aquí tedes unha páxina da que poderedes sacar figuras en papel para case todo, están clasificadas por temáticas: animais, roupa, alimentos, nadal, insectos...
Para nós que somos pequenos será moi difícil, pero gustaranos ver como os maiores nos facedes algo,por exemplo... un animal mariño??? unha flor??? unha xoaniña???
Mirade a páxina, está xenial!!!!

Para nós que somos pequenos será moi difícil, pero gustaranos ver como os maiores nos facedes algo,por exemplo... un animal mariño??? unha flor??? unha xoaniña???
Mirade a páxina, está xenial!!!!

O NOSO RECANTO DO MAR
Na entrada do cole estamos facendo un pequeno recanto do mar, que se vai creando a medida que imos facendo cousas, ou nos van chegando outras... O luns por exemplo, pintaramos cada un de nós, un animal mariño, a escoller dentro dos que había nunha caixa, agora están decorando a rede (aparello) ... e enriba puxemos a nosa Praia dos tesouros (coa bandeira e a mensaxe pirata...), cos tesouros que collimos na saida á Praia... e tamén temos na nosa galería de arte os debuxos, do primeiro día, no que falamos de como era para nós o fondo do mar, que había...
Hoxe, ademais, Lea trouxo un Libro-mural do mar, que moi entusiasmada nos ensinou, e todos estabamos ben atent@s mentres ela nos falaba de algas, cabaliños de mar, baleas... e ata vimos que había corais!!!!

Tamén hoxe, aproveitando que os cabaliños de mar, nos gustan tanto, fixemos un cadro cun cabaliño de mar (que pintamos, e decoramos con troqueles pegados, purpurina...) e que de momento están tendidos na clase, decorándoa un pouquiño.

Nesta páxina atópase moita información sobre os cabaliños de mar, queres saber algo máis?
Ademais deixámosos aquí nestas imaxes información moi importante sobre eles: o seu esquelete
...
as súas partes...
Lembrade que nos podedes enviarnos calquera cousa do mar, para poder investigar, eh!!!

Nesta páxina atópase moita información sobre os cabaliños de mar, queres saber algo máis?
Ademais deixámosos aquí nestas imaxes información moi importante sobre eles: o seu esquelete...
as súas partes...
Lembrade que nos podedes enviarnos calquera cousa do mar, para poder investigar, eh!!!10/5/10
PRECISAMOS TRAER CAIXAS DE ZAPATOS!!!!
9/5/10
MANDÁRONNOS UN PREMIO LECTOR!!
Dende ben lonxe, chéganos este premio da man de Sandra Luz, no seu blogue de premios, da súa "sala amarilla".
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!!
E tamén recibimos de Vicen, do blogue de LECTOESCRITURA, esta lanzadeira de ilusións:
Eu envíollos a todos os blogs que teño enlazados, de xeito que calquera que vexa aquí esté premio, pode levalo, posto que sodes moitos os que tedes uns blogs chulísimos cheos de ideas, recursos, experiencias... E cada día teño unha lista máis grande de blogs do meu interese. Se o teu blog está enlazado no meu, este premio é tamén para ti.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!!E tamén recibimos de Vicen, do blogue de LECTOESCRITURA, esta lanzadeira de ilusións:
Eu envíollos a todos os blogs que teño enlazados, de xeito que calquera que vexa aquí esté premio, pode levalo, posto que sodes moitos os que tedes uns blogs chulísimos cheos de ideas, recursos, experiencias... E cada día teño unha lista máis grande de blogs do meu interese. Se o teu blog está enlazado no meu, este premio é tamén para ti.8/5/10
XA CHEGOU A NOSA CARTA A OVIEDO!!!
Os nosos amiguiños de Oviedo xa recibiron a carta que lles enviamos esta semana, nela ían dous botiños para meter bichiños e investigalos. Son coma os que usamos nós no patio, cando andamos en busca de xoaniñas (aínda que nunca atopamos ningunha), bichos bola, lombrices, formigas...
Se premedes na imaxe poderes ver no seu blog o noso envío.

Se premedes na imaxe poderes ver no seu blog o noso envío.

DESCUBRIMOS OS TESOUROS QUE AGOCHAN OS OCEÁNOS!!!!
6/5/10
PRIMEIRA CREACIÓN FAMILIAR... ADÁN
5/5/10
ACTIVIDADE BENCLALU PARA AS FAMILIAS
No grupo de traballo Benclalu, propuxeron os nosos compis de Andalucía unha actividade, que seguro que vós, coa creatividade que tedes, rapidamente resolveredes.Trátase de rematar a canción de "DON MELITÓN", inventándolle novas rimas.
Os nenos/as axudaranvos a inventalas, a ilustra-la canción, a escribir...
Veña, animádevos!!!!
Don Melitón, tenía tres gatos,
que los hacía bailar en un plato,
y por la noche, les daba turrón,
¡qué vivan los gatos de Don Melitón!
Don Melitón como era tan raro...
PÁXINA CON MOITOS MANDALAS CHULIS...
Aquí temos un mandala chulísimo con cousas do mar, para decorar relaxadamente con música de fondo, incienso... ou simplemente unha postura axeitada, e facelo con calma, e cos materiais escollidos (ceras brandas, ceras grosas, rotus...)
E aquí esta o enlace á páxina de onde saiu este mandala. Premede na imaxe e mirade cantas cousas ten!!!

E aquí esta o enlace á páxina de onde saiu este mandala. Premede na imaxe e mirade cantas cousas ten!!!
CREADE O VOSO PROPIO FONDO MARIÑO
OS PIRATAS QUERÍAN LEVAR OS NOSOS TESOUROS
Hoxe, ó chegar, moitos nin miramos para a nosa Praia dos Tesouros (nas arcadas do patio) pero... Alejandro sí que mirou e viu algo estrano, había unha bandeira pirata!!!!
Tras varios debates entre nós sobre se existían ou non os piratas, entramos na clase, e fixemos as rutinas e asemblea como cada día. Aínda que hoxe, tiñamos unha nova "profe" era Ana, da que xa nos falara a profe Bea, e que nos veu a visitar e estivo con nós toda a mañá.
Hoxe os trasnos falaron con ela, e avisárona de que as encargadas debían mirar na maleta, pois había algo, e... sorpresa!!! unha mensaxe pirata!!!!!
Dentro da maleta había unha botella con cunchas, area... e unha carta, na que escribía un loro, que sempre acompaña ó capitán Pata de Lata, o pirata que máis tesouros leva atopados por todo o mundo.
Na carta, dixéronnos que onte se sorprenderon ó enterarse de que tiñamos a nos propia praia dos tesouros, e viñeron ó cole con idea de levalos, pero... como saben nós investigamos moito, propuxéronnos un plan: se nós lles axudamos a investigar sobre AS COUSAS DO MAR, eles non levarán os nosos tesouros, e nós, claro está, aceptamos a proposta, así que... xa sabemos, investigamos as cousas do mar, así que...
Podemos traer ó cole, todos os materiais que nos podan axudar nesta pesquisa (cousas de internet, libros, contos, pelis, libros-murais como os que trouxemos a primavera...)
Nós xa empezamos a investigar: debuxamos os nosos mares, dixemos que cousas sabemos sobre que é o mar, e que cousas hai nel...
Hoxe os trasnos falaron con ela, e avisárona de que as encargadas debían mirar na maleta, pois había algo, e... sorpresa!!! unha mensaxe pirata!!!!!
Nós xa empezamos a investigar: debuxamos os nosos mares, dixemos que cousas sabemos sobre que é o mar, e que cousas hai nel...
4/5/10
A NOSA PRAIA DOS TESOUROS
Lembrádesvos de que o outro día, cando fomos á Praia de Area Grande, trouxemos algúns tesouros que íamos atopando? Pois hoxe, con eles, fixemos unha praia propia, no noso patio, unha praia de tesouros.Ademais, cando íamos sacando os tesouros da bolsa laranxa na que os trouxemos, íamos falando de que era cada cousa, como era... e o que máis nos sorprendeu foi ver unha cousa (que parecía un símbolo de Batman) e que é onde se gardan os ovos das xibas. Aínda que tamén había plumas (de gaivota), cunchas (de mexillóns, de lapas, de cangrexos hermitaños), pedras, paus...
Mirade como quedou a cousa!!!!
PINTORES CRISTALEIR@S!!
Hoxe démoslle un toque máis colorido á nosa escola, pintando as fiestras, como podedes comprobar se pasades por diante da escola.
Nestes días, seguiremos dándolles cor, estade atent@s ás nosas novidades, vale?
3/5/10
QUE BEN O PASAMOS!!!!
Hoxe fomos á granxa de pitos da mamá de Joel, o da clase dos maiores.Pasámolo moi ben, había miles e miles de pitiños, de tan só sete días. Collímolos, de un en un, e ata de dous en dous ou de tres en tres... Algúns dedicabamonos basicamente a ir correteando pola nave espantando ós pitiños, outros andabamos tentando coller os poliños todo o tempo, outros curioseabamos nos sistemas do comedeiro e bebedeiro dos polos... E outros, ata hiptotizabamos poliños. En definitiva, pasámolo moi, moi ben!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




